CRTVG

Buscar

Dez comensais nunha mesma mesa nas terrazas e seis no interior dos locais

Publicado o 30/05/2021 12:52

Oito amigas sentadas xuntas á mesa por primeira vez desde hai moitos meses. Estamos en Vigo. Agora, a mesma imaxe en Compostela. Nove persoas bebendo e tapeando na mesma mesa.

Nos dous casos, aínda por debaixo do permitido, que son dez persoas sentadas a unha mesma mesa no exterior, nunha terraza. A noite do sábado foi a primeira cunha nova normativa para a hostalaría galega que durará ata que se revise o protocolo, en función da situación epidemiolóxica, dentro dun par de semanas.

As barras dos bares seguen inutilizadas, pero no interior pasan de catro a seis persoas por mesa.

Dentro ou fóra, independentemente dos novos protocolos, as normas anticovid−19 seguen sendo as mesmas: lavado de mans, uso da máscara, que só se baixará no momento de beber ou comer, e distancia entre grupos, entre mesas.

Noticias web

30/05/2021