CRTVG

Buscar

Dez centros educativos galegos reciben o Premio Proxecta para fomentar a innovación

Publicado o 24/05/2019 17:21

Dez centros educativos recibiron hoxe o Premio Proxecta. Unha iniciativa da Consellería de Educación para fomentar a innovación en que participan 542 centro do país. Entre os premiados destaca o instituto de Cacheiras co seu programa CINED para a creación de cine e música, ou o Divertipatio, unha proposta para animar os recreos do CEIP Barrié de la Maza, en Santa Comba.

Aros, carrilanas, zancos, hóckey... así son os días de Divertipatio. Nenas e nenos en constante movemento, xogando xuntos e aprendendo que hai vida máis aló do fútbol.

Eses encargados son os alumnos maiores, que organizan a actividade e guían os pequenos na recollida do material.

Así fomentan a responsabilidade, preveñen a obesidade e fan que os recreos sexan divertidos para todos.

O proxecto deportivo do centro tamén inclúe carreiras, patinaxe e camiñadas. E é que esta rapazada de Santa Comba non para. E por iso hoxe leva premio.



 

Noticias web

24/05/2019