CRTVG

Buscar

Dez anos para resolver un presunto delito de agresión sexual por parte dun home á súa parella

Publicado o 10/09/2020 14:39

A Audiencia Provincial da Coruña acolleu esta mañá un xuízo por presuntos abusos sexuais por parte dun home á que por aquel entón era a  súa parella sentimental.

Os feitos tiveron lugar en maio de 2010 e foi o fillo da muller o que presento a denuncia por un suposto caso de agresións e abuso sexual na vivenda que os tres compartían. 

Pasaron 10 anos dende que se produciron estes feitos e o caso foi pasando por diferentes xulgados sen acadar unha resolución clara. 

No xuízo de hoxe testificaron tanto o acusado como unha amiga da suposta vítima e dous membros da Policía Local e outros dous da Garda Civil.

Ningún deles puido achegar probas ou datos que garantisen a agresión sexual da que o acusan. 

O acusado, que xa non reside en España, foi detido no aeroporto cando regresaba de visita.

El deféndese dos feitos que se lle imputan e o seu avogado, encargado do caso dende hai catro meses, asegura que as acusacións están cargadas de incongruencias. 

O Ministerio Público demanda dez anos de prisión por agresión e violación e solicita ao procesado a indemnización de 20.000 euros e unha orde de afastamento da presunta vítima polos prexuízos ocasionados.  

Agora o acusado atopáse á espera da resolución da sentenza. 

 

Noticias web

10/09/2020