Dez anos da fin da violencia da ETA en que Euskadi recuperou normalidade na rúa
Hoxe cúmprense dez anos do comunicado da ETA, e o aniversario chega marcado polas declaracións da esquerda abertzale en que se dirixe por primeira vez de forma expresa ás vítimas da banda terrorista.
O Goberno considera insuficiente o xesto. Móstranse así máis críticos que o PSOE. Os socialistas renunciaron finalmente a promover unha declaración institucional no Senado para condenar a violencia de ETA por entender que outros grupos pretendían politizar o contido. E o PP sacou a súa propia declaración a noite pasada e vai propoñer que se aprobe no Congreso: honrando a memoria das vítimas e condenando a actividade da banda.
Hoxe haberá novas homenaxes en memorias ás vítimas, que están divididas respecto ás declaracións de Otegi. Unha parte pensa que son un bo paso para a convivencia e outras cren que non serven de nada e que non se pode pasar páxina de todo o dano causado.