CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Dez anos de investigación e dez millóns de euros fixeron posible a creación da plataforma Magallanes Renovables

Publicado o 08/06/2018 14:55

Dez anos de investigación e dez millóns de euros fixeron posible a creación da plataforma Magallanes Renovables.

Unha estrutura que permite xerar enerxía eléctrica grazas ás correntes submarinas. Xa está en probas na ría de Vigo e axiña se colocará en Escocia, nunha zona de fortes correntes.

No medio da ría de Vigo está xa en probas a plataforma Magallanes Renovables. Unha estrutura creada pola empresa viguesa que permite aproveitar a forza das correntes submarinas para convertelas en enerxía eléctrica.

A plataforma é froito de dez anos de investigación e máis de dez millóns de euros. Malia a aparente forza do mar galego, no noso país non hai grandes correntes submarinas, polo que as prácticas reais se farán en Escocia. A gran vantaxe da forza do mar é que é constante e predicible.

A forza do mar podería ser a enerxía do futuro de aquí a trinta anos. Países como Reino Unido, Francia, Canadá, Xapón ou India teñen posibilidade de colocar plataformas coma esta nas súas augas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí