CRTVG

Buscar

Dez anos de debates e oratoria estudiantil no Parlamento Mozo de Galicia

Publicado o 04/05/2019 18:16

O hemiciclo galego viviu unha xornada especial coa final do concurso de debate estudiantil Parlamento Mozo, unha cita que preparan durante meses cunha chea de esforzo e que recollen os gañadores en forma de recompensa final, que este ano foi para o Sagrada Familia, o Lucus Augusti e a Universidade de Santiago.

O Parlamento galego mudou este sábado de facianas. Estudantes de bacharelato e da universidade debateron durante toda a mañá posturas a favor e en contra sobre se a democracia directa sería mellor que a representativa, un acto que apoiou a conselleira de Política Social.

A motivación nos rapaces é inmensa nunha actividade que require meses de preparación e que os axuda tanto na parte académica coma persoal. Nos tempos das redes sociais, onde a oratoria pasou a un segundo plano, é importante lembrar que debater, argumentar e confrontar leva a unha evolución sa da sociedade.

Dez anos desta cita e cada vez son máis os centros educativos que se suman, desta volta foron as universidades. Uns debates dos que os políticos, de seguro, poden aprender unhas leccións sobre a confrontación de ideas e o respecto na dialéctica.

Noticias web

04/05/2019