CRTVG

Buscar

Dez alcaldes únense para pedirlle ao Goberno axudas públicas e fondos europeos

Publicado o 22/03/2021 15:19

Nova fronte común de varios alcaldes contra o Goberno: dez rexedores uníronse para esixir axudas do Estado.

Queren reunirse coa ministra de Facenda para proporlle un fondo de reconstrución local por valor de 4.000 millóns de euros, e outros mil millóns para transporte.

Tamén piden a xestión directa do 14 por cento dos fondos europeos asignados a España. Os alcaldes, de diferentes partidos coa excepción do socialista, defenden que os concellos xogan un papel fundamental na loita contra a pandemia, que lles supuxo un burato financeiro nas súas contas.

Noticias web

22/03/2021