CRTVG

Buscar

Devolve unha carteira con 5.500 euros que atopou nun aparcadoiro de Vigo

Publicado o 18/03/2021 13:39

Un mozo vigués atopou unha carteira tipo neceser dunha coñecida marca galega con 5.500 euros, viuna sobre un coche nun aparcadoiro de Urzáiz en Vigo.

No interior atopou unha tarxeta regalo dunha tenda sen nome e ningún documento que acreditase a propiedade. Diego está convencido de que os cartos eran para facer un pago ou o recadación dun negocio e púxose na pel da persoa que extraviou a carteira.

Deixou a carteira na policía local e Vigo que contou coa colaboración clave dos responsables do aparcadoiro para dar coa identidade do propietario.

A Diego gustaríalle pechar a historia sabendo a identidade do propietario dos cartos, un vigués de 31 anos que aínda non coñece.

Diego traballa en compra e venda de vehículo usado, o seu xesto desta semana é unha garantía máis para os que acoden ao seu negocio.

Noticias web

18/03/2021