CRTVG

Buscar

Deteñen un home por increpar os pasaxeiros dun autobús urbano e ameazar a policía cun fouciño e un coitelo

Publicado o 14/08/2019 13:00

A Policía Local de Vigo detivo un home por increpar os pasaxeiros dun autobús urbano e ameazar a policía, cun fouciño e un coitelo.
Foi o condutor do autocar o que alertou as forzas de seguridade ante a actitude dun individuo que golpeaba o mobiliario e increpaba os demais viaxeiros. Ocorreu na zona do Calvario. Ata alí trasladáronse os axentes. O home ao decatarse da súa presenza, comezou a aporrear a porta do autobús para baixar, e fuxiu. Os policías seguírono ata chegar a unha leira onde o individuo colleu un fouciño e un coitelo cos que os ameazou. Finalmente os axentes conseguiron reducilo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019