Detidos un veterinario e un criador por cortarlles as cordas vocais a dez cans en Granada
Axentes do Seprona da Garda Civil requisaron nunha operación en Granada case 500 cans de distintas razas que estaban á venda en varios criadeiros. Cortábanlles as cordas vocais para que os seus ladridos non levantasen sospeitas.
Detiveron o responsable dun criadeiro de cans en Santa Fe, en Granada, e un veterinario da provincia, acusados de mutilar dez cans que o primeiro tiña á venda. As investigacións comezaron co descubrimento dun criadeiro clandestino, que despois levou á inspección doutras instalacións.
Aos 10 cans examinados coa colaboración do colexio de veterinarios de Granada comprobouse que se lles realizou unha cordectomía, práctica cirúrxica realizada con anestesia xeral que precisa de coñecementos exhaustivos de anatomía, cirurxía e farmacoloxía, polo que ten que ser realizada por un veterinario e só con fins terapéuticos, senón incorreríase en maltrato animal. Os axentes descubriron, ademais, 21 cans aos que se lles implantou o microchip doutro.