CRTVG

Buscar

Detidos tres mariscadores de Ferrol por extraer vieira tóxica

Publicado o 05/01/2019 19:58

A Policía Autonómica detivo tres mariscadores da confraría de Ferrol. Os detidos contaban con autorización en vigor para o marisqueo e dispoñían de embarcacións, pero ademais de ameixas, tamén capturaban vieiras.

No banco no que apañaban esa especie está pechada á extracción porque presenta niveis de toxina ASP superiores aos permitidos, polo que nin sequera se permite a súa comercialización eviscerada. O operativo saldouse co comiso de 400 vieiras.

Os tres detidos faenaban a diario facendo uso da súa condición de mariscadores da confraría de Ferrol. Están acusados de furtivismo, dun delito contra a saúde pública, de tráfico de xénero corrompido e de banda organizada.

Noticias web

05/01/2019