CRTVG

Buscar

Detidos catro homes tras violar durante tres días unha muller en Bilbao

Publicado o 23/09/2019 18:56

Segundo contou a vítima na súa denuncia, o venres pasado os catro detidos, de entre 33 e 36 anos, convidárona a unha festa nun piso do barrio de Atxuri. Unha vez alí, botáronlle algo na bebida. A denunciante cre que a drogaron, porque despois de varios tragos acabou perdendo a consciencia. Durante toda a fin de semana tivérona secuestrada e violárona varias veces.

O domingo, a moza, de 25 anos, puido coller o teléfono móbil dun dos violadores e poñerse en contacto coa familia para dicirlles onde estaba. Unha vez localizada, os captores deixárona marchar coa promesa de que non ía denuncialos. A familia trasladouna ata o hospital de Basurto para sometela a un exame médico e desde o mesmo hospital denunciou os agresores. A Ertzaintza arrestounos pouco despois. Un dos detidos xa quedou en liberdade. O resto pasará a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019