CRTVG

Buscar

Detidos tras agochar quilo e medio de haxix nun control preventivo en Moaña

Publicado o 19/06/2019 19:22

Detidos dous veciños de Bueu por un delito de tráfico de drogas logo de evitar un control de estrada levando un quilo e medio de haxix.

Os feitos sucederon nun control preventivo, cando os axentes detectaron un home sentado nunha beiravía a poucos metros deles. Dixo que discutira coa muller e logo marchou a pé. Os axentes sospeitaron del e rastrexaron a zona atopando o alixo de haxix nunha bolsa agochada entre toxos.

Estableceron un dispositivo de vixilancia e catro horas despois apareceu o mesmo home para recollela. Cando os axentes o detiveron, decatáronse de que fuxía outro home que o estaba esperando nun coche. Logo dunha persecución, tamén foi detido. Ambos os dous son veciños de Bueu.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019