CRTVG

Buscar

Detidas en Tarragona tres persoas de nacionalidade india polo secuestro dun compatriota

Publicado o 10/09/2019 09:51

Os Mossos d'Esquadra detiveron tres homes de nacionalidade india polo secuestro dun compatriota ao que retiveron, agrediron e vexaron durante unhas 30 horas en Amposta (Tarragona), e polo que pedían aos seus familiares un rescate de 10.000 euros.

A vítima e os detidos coñecíanse, xa que na India vivían en lugares moi próximos, e o motivo do secuestro era reclamar aos familiares do home retido o pago dunha débeda baixo a ameaza de que o matarían se non accedían ás súas pretensións.

As detencións dos secuestradores, de 24, 33 e 36 anos, tiveron lugar o pasado 6 de setembro baixo a acusación dos delitos de secuestro, lesións, trato degradante e  vexatorio e roubo con violencia.

Os detidos pasaron a disposición xudicial o pasado domingo e o xuíz decretou o ingreso en prisión para dous deles e liberdade con cargos para o terceiro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019