CRTVG

Buscar

Os pais do bebé de Lugo supostamente maltratado están citados hoxe no Departamento de Menores

Publicado o 22/08/2019 08:55

• O bebé segue na UCI en Lugo a espera de ser operado no Hospital La Paz de Madrid polas lesións que sofre

Retiran tonelada e media de lixo da vivenda

A cita dos pais no Departamento de Menores é un paso máis do protocolo de protección do pequeno. Nesa reunión vasielle explicar aos pais, que están investigados por maltratar o seu propio fillo, de que a Xunta ten a tutela garda e custodia do bebé.

Neste caso foi o propio xulgado ante a gravidade da situación quen de urxencia lle outorgou a tutela á Administración. Isto significa que será a Administración a que tomará as decisións sobre o menor, suspéndese así a patria potestade dos proxenitores, non poderán achegarse ao pequeno nin solicitar réxime de visitas.

O pequeno segue ingresado na UCI aínda que o seu estado é grave está estable e a próxima semana será trasladado ao hospital de la Paz de Madrid, centro de referencia en cirurxía ocular en neonatos, para ser intervido dun desprendemento de retina. As outras lesións graves aféctanlle ao oído.

A alarma saltaba o pasado venres cando os pais levaron ao bebé a urxencias pediátricas do Hula. Vendo como estaba o pequeno, con evidentes síntomas de violencia física, os sanitarios informaron ao Xulgado, dende onde se abriu unha investigación pola que os proxenitores, dous españois de 39 e 37 anos, quedaron arrestados.

O bebé, de dous meses, permanece ingresado na unidade de neonatos, un espazo semellante a UCI onde se establece un seguimento continuo, xa que aparte de traumatismos por todo o corpo, o cativiño ten unha importante infección de ouvido e un posible desprendemento de retina. Con todo, si que responde aos estímulos auditivos.

Os pais declararon onte e quedaron en liberdade cunha orde de afastamento. Tamén se puxo en marcha o protocolo por un presunto delicto de maltrato infantil e o xulgado acordou hoxe a tutela urxente a favor da Xunta. Ao estar ingresado, a súa garda e custodia correspóndelle dende onte ao Sergas.

A xuíza Pilar de Lara tamén ordeou a limpeza do domicilio dos proxenitores. E malia que dende onte se estivo retirando lixo, o Concello de Lugo informou de que debido ao mal estado do inmoble non darán rematado hoxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019