CRTVG

Buscar

Detidos por lle estafaren 18.000 euros a un discapacitado

Publicado o 02/09/2020 11:55

A Garda Civil de Xinzo de Limia detivo dous homes acusados de lle estafaren 18.000 euros a un veciño dos Blancos con discapacidade psíquica.

A denuncia presentouna o titor legal da vítima. Supostamente, os estafadores, veciños de Trasmiras e Os Blancos, enganárono para que abrise unha conta na banca electrónica e fixéronse cos contrasinais. Mediante unha aplicación, foron retirando os cartos en distintos caixeiros e transferíronos ás súas propias contas. Ademais, segundo as investigacións da Garda Civil, mercaron maquinaria agrícola e pagaron débedas pendentes cos cartos subtraídos.

Noticias web

02/09/2020