CRTVG

Buscar

Detidos os membros dunha banda que se dedicaba a roubar e estafar maiores en Ourense

Publicado o 08/11/2018 21:33

Detidos os membros dunha banda que se dedicaba a roubar e estafar persoas maiores na provincia de Ourense. Son cinco homes de arredor dos trinta anos, residentes en Santiago de Compostela. Actuaban en parellas, facéndose pasar por revisores do gas ou dunha empresa de electricidade para acceder á vivenda de xente maior, como esta muller de Taboadela á que mesmo chegaron a golpear para roubarlle as xoias e os cartos. Están acusados de roubo con violencia, estafa, furto e pertenza a grupo criminal. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018