CRTVG

Buscar

Detidos o mozo e varias persoas relacionadas coa desaparición dunha muller en Vinarós

Publicado o 06/04/2019 22:46

A Garda Civil detivo en Vinarós (Castellón) varias persoas relacionadas coa desaparición dunha muller de 20 anos, hai máis dun mes. Entre os detidos está a súa parella, ten antecedentes penais e foi a última persoa coa que a viron.

A busca da moza de 20 anos, de nacionalidade moldava e residente en Vinarós, na provincia de Castellón, segue activa polas poboacións da contorna. A Garda Civil traballa con cans especializados, pero o prognóstico non é esperanzador, logo de levar máis dun mes desaparecida.

A última vez que foi vista foi o 15 de febreiro logo de saír dunha discoteca co seu mozo, co que mantivo unha forte discusión. O home, que ten antecedentes penais, foi detido este venres xunto con varias persoas máis relacionadas, presuntamente, coa súa desaparición.

Varios inmobles foron rexistrados na localidade de Ulldecona, en Tarragona, e tamén en Vinarós, como o domicilio que compartía coa súa parella. As autoridades non descartan novas detencións e a investigación permanece baixo segredo de sumario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/04/2019