CRTVG

Buscar

Detidos en España e Marrocos catro xihadistas

Publicado o 04/12/2019 19:38

Detidos en España e Marrocos catro xihadistas por alentar atentados pola morte do líder do Estado Islámico.
O líder da rede foi arrestado en Guadalaxara e os outros tres, na rexión marroquí de Nador. Segundo fontes da loita antiterrorista, a actividade do grupo centrábase en captar, adoutrinar e recrutar novos membros. Ademais, nas últimas semanas tamén animaban a cometer atentados para vingar a morte do seu líder nunha operación militar dos Estados Unidos.
 

Noticias web

04/12/2019