CRTVG

Buscar

Detidos dous veciños de Ourense, en posesión dunha plantación de cánnabis nunha adega

Publicado o 18/09/2019 11:29
Detidos dous veciños de Ourense, en posesión dunha plantación de cánnabis nunha adega

A Garda Civil de Allariz detivo onte un home de 24 anos e outro de 31 como presuntos autores dun delito contra a saúde publica. 

Aprehendéronlles 63 plantas de cánnabis nunha plantación de interior situada nunha adega dunha casa deshabitada propiedade do primeiro en Vendanova, Taboadela, e na que había deshumidificadores, extractores e lámpadas. Tamén foron intervidas 7 plantas nun monte próximo á casa. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí