Detidos dous traballadores de ambulancias de Canarias por abusos a pacientes
Publicado o 17/04/2019 20:34
A Garda Civil detivo o condutor e un sanitario dunha ambulancia por abusar, presuntamente, de polo menos catro pacientes aproveitando a súa indefensión. Os dous homes teñen 63 e 55 anos e non teñen antecedentes delituosos. Están acusados de tocamentos e outros actos vexatorios a enfermas de entre 43 e 85 aos de idade, segundo informou a Comandancia da Garda Civil das Palmas. Ao sanitario tamén o consideran responsable do furto dun reloxo e 10 euros dunha enferma mentres estaba ao seu cargo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí