CRTVG

Buscar

Detidos dous menores en Vigo por un roubo con violencia nas festas de Candeán

Publicado o 09/09/2019 19:58

Dous menores foron detidos en Vigo por roubo con violencia durante as festas do barrio de Candeán. Supostamente asaltaron outros dous rapaces ás tres da madrugada para roubarlles os cartos. Cando se negaron, bateron neles, e acabaron con numerosos golpes na faciana e varias pezas dentais danadas.

A policía detivo os autores do asalto, de 17 anos e nacionalidade española, e quedaron baixo custodia dos seus representantes legais á espera da actuación da Fiscalía de Menores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019