CRTVG

Buscar

Detidos dous ladróns que asaltaron un bar en Sada

Publicado o 31/07/2019 13:31

A Garda Civil detivo dous ladróns que asaltaron un bar en Sada. Foron os veciños os que alertaron o 112 preto das sete da mañá, despois de que os cacos forzaran a reixa para acceder ao interior do local.

Os servizos de emerxencia pasaron entón o aviso á Garda Civil, que despregou todos os dispositivos de control dispoñibles e interceptou case ao momento o vehículo no que fuxiran os asaltantes. A rápida intervención das forzas de seguridade permitiu recuperar o botín subtraído: unha bolsa coa recadación da máquina comecartos.

Noticias web

31/07/2019