CRTVG

Buscar

Detidos dous integrantes dunha asociación cannábica de Vigo por tráfico de drogas

Publicado o 07/09/2019 14:52

Detidos en Vigo dous integrantes dunha asociación cannábica da cidade acusados de tráfico de drogas. Son o responsable e un empregado da asociación, veciños de Oia e de Vigo. A Garda Civil requisoulles tres quilos de marihuana, haxix, cartos en efectivo e varias básculas de precisión. A detención é resultado dun mes de investigacións xurdidas a raíz das queixas dos veciños dunha localidade do Baixo Miño onde se emprazaba outra asociación cannábica clausurada hai poucos días. Os axentes comprobaron que os responsables dos dous locais vendían marihuana e haxix a calquera persoa a través das redes soicias. Os implicados foron postos en liberdade coa obriga de comparecer no xulgado por un delito contra a saúde pública.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019