CRTVG

Buscar

Detidos dous homes en Sevilla por unha plantación de 806 quilos de marihuana

Publicado o 10/08/2018 20:49

A Policía Nacional detivo dous homes de 30 e 40 anos que cultivaban marihuana nunha leira da localidade de Dos Hermanas, en Sevilla. As 450 plantas tiñan unha altura de dous metros e alcanzaban un peso total de máis de 800 quilos. A un dos detidos prendérono na súa casa. Ao outro, que facía de vixilante, collérono na plantación. Os dous pasaron xa a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018