CRTVG

Buscar

Detidos dous homes como presuntos responsables dos incendios de Quiroga e Ribas de Sil en xullo

Publicado o 14/08/2019 13:05

A Garda Civil detivo dous homes como presuntos responsables dos incendios de Quiroga e Ribas de Sil do mes pasado.
Trátase dun veciño da Rúa e outro de Quiroga de 40 e 58 anos respectivamente. Entre os dous fixeron arder toda a contorna de Montefurado durante a vaga de calor de xullo. A Garda Civil cre que actuaron de forma deliberada e que empregaron combustibles para acelerar os incendios e que sempre buscaban causar o maior dano posible ao actuar preto das zonas onde hai máis árbores. Os dous homes pasaron a disposición xudicial e quedaron en liberdade con cargos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019