CRTVG

Buscar

Detidos cinco presuntos xihadistas en Madrid e Barcelona

Publicado o 13/10/2021 19:52

A Policía Nacional detivo en Barcelon e en Madrid a cinco presuntos xihadistas. Entre os apresados está o presunto líder do grupo e foron detidos despois de que os investigadores detectaran que estaban a realizar xestións para mercar un fusil Kalashnikov.

Estas detencións prodúcense dentro da segunda parte da operación Arbac dirixida pola Audiencia Nacional. Nela participaron a Policía Nacional en colaboración coa Europol, o CNI o FBI e os servizos de seguridade de Alxeria.

Noticias web

13/10/2021