CRTVG

Buscar

Detidos catro veciños de Ourense e outros catro do Carballiño nunha operación contra o tráfico de drogas

Publicado o 06/03/2020 20:25

Detidas oito persoas que supostamente formaban unha banda organizada que se dedicaba á venda de drogas.
Son catro veciños de Ourense e outros catro do Carballiño que, presuntamente, contaban con cinco puntos de venda que foron desmantelados pola Garda Civil. Dentro da operación, que comezou no pasado mes de setembro, comisáronse 1.300 doses de cocaína, 100 gramos de marihuana, útiles para a distribución da droga, 3.300 euros en efectivo e 4 vehículos de alta gama. A un dos arrestados impútaselle ademais un delito de tentativa de homicidio tras supostamente intentar atropelar un axente no momento da detención.
 

Noticias web

06/03/2020