Detidos catro mozos relacionados cunha ducia de roubos con forza en Carballedo
Publicado o 16/02/2021 15:41
A Garda Civil detivo catro mozos e investiga un quinto en relación cunha ducia de roubos con forza no interior de vivendas do municipio de Carballedo, na provincia de Lugo.
Os presuntos autores son varóns de entre 18 e 25 anos, que operaban trasladándose a zonas rurais illadas para subtraer das vivendas todo tipo de materiais, dende pezas de metal a electrodomésticos. A investigación continúa aberta e non se descartan máis arrestos.