CRTVG

Buscar

Os catro mozos detidos por violar en grupo unha menor en Manresa van pasar a disposición xudicial nas próximas horas

Publicado o 15/07/2019 13:56

Os Mossos d'Esquadra investigan os catro detidos en Manresa por un delito de agresión sexual contra unha moza de 17 anos que declarou e formalizou a súa denuncia despois de ser atendida nun centro hospitalario.

Na mesma comisaría permanecen detidos os catro sospeitosos, de idades próximas á vintena, como presuntos autores da violación múltiple, que ocorreu cara ás catro da mañá deste domingo, no interior dun domicilio situado no centro histórico de Manresa, e que se está investigando se estaba ocupado ilegalmente. 

A policía catalá interrogou pola tarde os catro detidos, antes de que pasen a disposición xudicial. A investigación segue aberta e están a practicar as dilixencias e probas periciais necesarias para confeccionar o atestado que remitirán ao xulgado.