CRTVG

Buscar

Detidos catro empresarios por pagarlle dez millóns de euros a Villarejo

Publicado o 08/05/2019 20:21

Detidos catro empresarios por pagarlle, supostamente, dez millóns de euros ao ex-comisario Villarejo. Con este pago pretendían impedir a detención e extradición dende Guatemala dun dos agora detidos.

A operación, enmarcada na coñecida como peza Pit, tamén investiga o pagamento dunha comisión de 30 millóns de dólares ao que fora presidente de Guatemala Otto Pérez Molina.

Segundo a Fiscalía Anticorrupción, os catro detidos son as únicas persoas ás que lles afecta esta investigación.

Noticias web

08/05/2019