CRTVG

Buscar

Nove independentistas dos CDR, detidos en Barcelona por planear actos violentos

Publicado o 23/09/2019 15:04

• Preparaban accións para o aniversario do referendo ilegal do 1 de outubro e contra a sentenza do procés

• A operación está coordinada pola Audiencia Nacional

En Cataluña, golpe ao independentismo radical, aos chamados Comités de Defensa da República. Hai nove detidos. acusados de planear ataques con explosivos.

Os arrestos producíronse en varias localidades de Cataluña. A Garda Civil buscaba probas sobre a vinculación dos nove detidos en proxectos terroristas cunha finalidade secesionista. En rexistros coma este, os axentes atoparon po de aluminio e ácido sulfúrico. Produtos que agora analizan se ían ser utilizados na fabricación de explosivos. Tamén se incautaron de documentación e material informático, entre outros do plano dun cuartel da Garda Civil en Cataluña.

A operación foi ordenada pola Audiencia Nacional, despois de máis dun ano de investigación e está baixo segredo de sumario. Investigan se intentaban accións con explosivos contra edificios do Estado.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019