CRTVG

Buscar

Detido un veciño que supostamente estafaba turistas con falsos pisos de alugueiro en Baiona

Publicado o 15/09/2021 14:55
Detido un veciño que  supostamente estafaba turistas con falsos pisos de alugueiro en Baiona

A Garda Civil detivo un veciño de Tomiño que supostamente estafaba turistas con falsos pisos de alugueiro en Baiona. O investigado anunciaba distintas vivendas para o verán nesa vila turística. Despois de que recibía a fianza, anulaba as reservas, nalgúns casos alegando que tiña covid.

Ademais de quedaren sen aloxamento para as súas vacacións, os afectados tamén perdían os cartos que deran de sinal.

A Garda Civil mantén aberta a investigación e estiman que hai máis de 15 familias afectadas.

Noticias web

15/09/2021