CRTVG

Buscar

Detido un veciño de Ponte Caldelas por tenencia ilícita de armas

Publicado o 14/06/2019 18:45

Detido por tenencia ilícita de armasA Garda Civil detivo un veciño de Ponte Caldelas por tenencia ilícita de armas. Trátase dun veciño de Ponte Caldelas de 42 anos con antecedentes por contrabando de tabaco. O home foi interceptado nun control de verificación de vehículos no término municipal de Pontecaldelas. Nunha inspección rutinaria dun coche atoparon unha luz prioritaria da Garda Civil, polo que se procedeu a un rexistro mais exhaustivo. Foi entón cando atoparon unha pistola de fabricación artesanal con cinco cartuchos do calibre 22, unha pistola eléctrica e dúas placas identificativas falsas da Garda Civil.


 

Noticias web

14/06/2019