CRTVG

Buscar

Detido un veciño de Ourense como presunto autor de cinco delitos de roubo con forza

Publicado o 15/10/2020 10:05
Detido un veciño de Ourense como presunto autor de cinco delitos de roubo con forza

A Garda Civil de Allariz detivo onte un veciño de Ourense de 21 anos como presunto autor de cinco delitos de roubo con forza.

Os feitos sucederon entre os meses de xullo e setembro en varias vivendas de Requeixo e Valverde (Allariz). 

O ladrón forzou as portas e ventás para accedeu ao interior e apoderouse de maquinaria e electrodomésticos valorados en 4.000 euros.

Recuperouse o 80% dos efectos sustraídos, que estaban gardados nun baixo dun amigo.