CRTVG

Buscar

Detido un veciño de Marín por ameazar cun coitelo grande a policía

Publicado o 15/05/2019 14:51

O home, de 42 anos de idade, veciño de Marín e con antecedentes policiais, detívoo a policía nacional como presunto autor dun delito de atentado a axente da autoridade e ameazas utilizando un coitelo de gran tamaño. Foi este luns, ás seis da mañá, na vila marinense.

Paula Novas, voceira da Policía Nacional: "Enviamos inmediatamente unha patrulla ao lugar e cando chegou atopáronse co individuo atrincheirado dentro da vivenda. Pedíronlle que saíra, pero en principio non quixo, e estaba berrando no interior. De repente abriu a porta, botouse sobre os axentes dicíndolles; "que queredes?, que queredes?, que vos mato", ao tempo que os ameazaba co coitelo. Logo reducírono e detivérono por atentado a axente da autoridade e por ameazar con arma branca".

A policía puxo o home a disposición da autoridade xudicial, que, tras interrogalo, decidiu deixalo en liberdade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019