CRTVG

Buscar

Detido un veciño de Lugo que levaba 200 gramos de cocaína nunha zona de copas

Publicado o 14/08/2019 13:22

A Policía Nacional detivo un veciño de Lugo que levaba enriba 200 gramos de cocaína. A detención produciuse en plena rúa, nunha zona onde adoitan acudir de marcha moitos mozos e mozas. Os axentes tamén lle comisaron ao detido 700 euros que supostamente procedían da venda da droga. O home xa pasou a disposición xudicial e ingresou en prisión de xeito preventivo por un presunto delito contra a saúde pública. Segundo informou a Policía, o individuo xa foi detido ata en dez ocasións nos últimos tempos. A detención realizouse ao abeiro do Plan de resposta ao consumo e tráfico minorista de drogas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019