CRTVG

Buscar

Detido un veciño de Lugo de 31 anos acusado de violencia machista

Publicado o 22/04/2020 13:29

En Lugo, detiveron un home de 31 anos por un presunto delito de violencia de xénero. A intervención dos axentes foi posible grazas á denuncia dunha veciña que, tras escoitar unha forte discusión, alertou a policía.

Unha vez no domicilio, a vítima recibiu os axentes chorando e moi nerviosa. Aínda que nun primeiro momento dixo que estaba soa, os axentes comprobaron que no interior tamén estaba a súa parella, e procederon á súa detención ao haber indicios dun presunto delito de violencia machista.

Noticias web

22/04/2020