CRTVG

Buscar

Detido un veciño de Baiona por simular que fora secuestrado por tres homes

Publicado o 31/01/2020 13:17

Detido en Vigo un veciño de Baiona de 45 anos por inventarse que fora secuestrado.
O arrestado ingresou en urxencias nun hospital da cidade e contoullo ao persoal sanitario, que alertou a Policíal. O home asegurou que fora capturado por tres individuos encapuchados e que o introduciron nunha furgoneta despois de sacar 3.500 euros nun caixeiro. Dixo que lle taparan a cabeza, que o ataran e que o golpearan cando se negou a revelarlles o PIN da tarxeta de crédito. E para liberarse afirmou que saltou dun coche en marcha. Enseguida os policías se decataron de que as pezas non encaixaban e o home foi arrestado por simulación de delito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/01/2020