CRTVG

Buscar

Detido un veciño de 39 anos de Vigo por un delito de pornografía infantil

Publicado o 14/02/2020 19:00
Detido un veciño de 39 anos de Vigo por un delito de pornografía infantil

A Garda Civil de Huesca detivo un home de 39 anos como presunto autor dun delito de tenza e distribución de pornografía infantil en Vigo, segundo informou o instituto armado. A operación, denominada Sinbomba II, iniciouse no verán de 2018 tras a denuncia dun particular, pola que se detivo unha persona por un suposto delito contra a liberdade sexual. Logo de varios meses de investigación, descubriuse que esta persoa mantivera conversas a través de chats de Internet e que acumulaba numerosos arquivos de contido pornográfico infantil, o que fixo que se abrira unha segunda fase na operación. 

A Garda Civil descubriu que o autor dos feitos, para realizar a distribución do material, accedía a aplicacións informáticas cunha identidade falsa e mantiña converss con outras persoas onde lles enviaba contido pedófilo coa intención de recibir novas imaxes ou vídeos. Unha vez recompilados os datos e arquivos, axentes da Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil de Huesca desprazáronse a semana pasada a Vigo, onde detiveron un home de 39 anos como presunto autor dun delito de tenza e distribución de pornografía infantil. O detido quedou en liberdade, coa obriga de acudir a sede xudicial cando sexa solicitado, a requirimento do Xulgado de Instrución número un de Boltaña (Huesca), onde foron entregadas as dilixencias instruídas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí