Detido un veciño da Capela como presunto autor de varios delitos de roubo con violencia e intimidación en Ferrolterra
Publicado o 15/10/2021 18:57
A Garda Civil de Ferrol detivo un veciño da Capela como presunto autor de tres delitos de roubo con violencia e intimidación A detención producíse dentro da chamada operación Educado iniciada tras varios roubos en distintos establecementos, que causaron unha grande alarma social na comarca de Ferrolterra. O autor dos feitos conseguía os cartos ameazando ás súas vítimas cunha machada. Xa pasou a disosión xudicial.