CRTVG

Buscar

Detido un suposto cómplice do autor do atentado de Niza

Publicado o 30/10/2020 14:05

A policía francesa detivo un home de 47 anos, supostamente relacionado co autor do ataque en Niza que deixou tres mortos e varios feridos.

O Goberno decretou a alerta máxima terrorista e elevou de 3.000 a 7.000 os militares destinados a protexer as rúas e edificios estratéxicos.

O autor do atentado foi un mozo tunisiano de 21 anos que, segundo dixo a súa familia desde o pais magrebí, marchou a Italia e despois a Francia porque pensaba que era un lugar mellor para atopar traballo.

As tres vítimas mortais deste último atentado son un home de 55 anos e dúas mulleres de 44 e 60 anos.

 

Noticias web

30/10/2020