Detido un relixioso salesiano de Vigo por presuntos abusos a menores
Publicado o 23/07/2019 19:59

Detido un sacerdote salesiano, adscrito ao colexio de Vigo, acusado de presuntos abusos sexuais a varios menores vigueses. Supostamente, os feitos tiveron lugar nun campamento escolar do colexio salesiano de Cambados, que se organizou a pasada fin de semana. Os pais dos afectados presentaron a denuncia contra o cura na comisaría de Vigo, tras o relato dos nenos ao rematar a estadía.
O detido foi posto a disposición dun xuíz en Vigo, en funcións de garda, pero o caso xa foi remitido a Cambados, por ser o partido xudicial onde aconteceron os feitos.
O colexio emitiu un comunicado en que asegura que abre unha investigación interna e que se pon á disposición das familias e da xustiza.