CRTVG

Buscar

Detido un profesor de academia en Pontevedra por presuntos abusos a menores

Publicado o 07/06/2020 19:59

A investigación sobre os delitos contra a liberdade sexual cometidos supostamente por un profesor de Pontevedra segue o seu curso. O home, que ten unha academia no centro da cidade, presuntamente gañaba a confianza das vítimas coa intención de satisfacer os seus desexos sexuais.

Isto é o que se desprende das denuncias de tres das súas alumnas. Uns testemuños que desembocaron na detención do profesor. A primeira das denunciantes, de 16 anos, decidiu ensinarlle a súa nai os agasallos que lle facía e tamén as mensaxes que lle enviaba, ás veces máis de 100 diarias, moitas delas pornográficas. Todo isto dende que a moza tiña 14 anos.

Outra das rapazas denunciou que lle realizara tocamentos. As menores afirmaron ademais que o home lles compraba tabaco e alcol. Tras a súa detención o xuíz ditou unha orde de afastamento dunha das mozas e deixouno en liberdade provisional á espera de que avancen as investigacións.

A Unidade de Familia, e Muller da Policía Nacional está á espera de recibir máis testemuños sobre o caso.