CRTVG

Buscar

Detido un preso en Zaragoza por presunta actividade terrorista

Publicado o 10/09/2021 08:30
Detido un preso en Zaragoza por presunta actividade terrorista

Un home preso no cárcere de Daroca, en Zaragoza, permanece detido porque, presuntamente, estaba a captar integrantes para formar un grupo radical xihadista. A Policía Nacional comezou a investigación meses atrás ao coñecer a través de Institucións Penitenciarias que o individuo, extremadamente radicalizado, dedicaba gran parte do seu tempo a captar e radicalizar outros presos.

Os investigadores rexistraron a súa cela na procura de indicios e probas ante a sospeita de quería crear un grupo terrorista e tiña concretado ameazas directas contra autoridades xudiciais españolas. O individuo estaba a piques de acabar o cumprimento dunha condena por delitos comúns. Agora permanece detido a disposición xudicial como suposto autor dun delito de terrorismo.

Noticias web

10/09/2021