CRTVG

Buscar

Detido en Benidorm un pederasta que tiña un milleiro de gravacións de nenos

Publicado o 21/06/2021 08:07
Detido en Benidorm un pederasta que tiña un milleiro de gravacións de nenos

A Policía Nacional prendeu un pederasta en Benidorm. Lograra acceder ás cámaras de vixilancia doméstica de máis de 70 familias en varios países do mundo, tamén en España. Acumulaba un milleiro de gravacións de nenos espidos. O detido ofrecíase como coidador a domicilio e profesor particular de inglés, e, presuntamente, acosou unha decena de menores.

Noticias web

21/06/2021