CRTVG

Buscar

Detido un ourensán por ameazar cunha escopeta un veciño e enfrontarse aos policías

Publicado o 13/02/2018 20:53

Deteñen un home de 62 anos por ameazar cunha escopeta un veciño seu. Os feitos aconteceron pasadas as 6 da mañá nun edificio do centro da cidade de Ourense. Apuntoulle á vítima na escaleira, que conseguiu fuxir e alertar as forzas de seguridade. Cando chegou a Policía estaba cun puñal na man pero conseguiron inmobilizalo. No interior da vivenda atoparon  varias armas, entre elas a escopeta de caza coa que ameazara o veciño e que estaba cargada con dous cartuchos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018