CRTVG

Buscar

Detido un oitavo home pola agresión sexual grupal a unha menor de 14 anos en Valencia

Publicado o 06/10/2020 18:02
Detido un oitavo home pola agresión sexual grupal a unha menor de 14 anos en Valencia

A Garda Civil detivo unha persoa máis pola súa suposta implicación na agresión sexual grupal a unha menor ocorrida na localidade de l'Olleria, na comarca valenciana da Vall d'Albaida.

total de arrestados ascende a oito. O último deles é un home de 32 anos, segundo confirmaron fontes da comandancia.

Os feitos producíronse na madrugada do pasado sábado nunha paraxe próxima ao centro urbano de l'Olleria.

A Garda Civil de Xàtiva investiga se a vítima puido ser intoxicada con algunha substancia no transcurso dunha festa e a causa segue secreta.

En canto ao resto de implicados, o titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Onteniente, en funcións de garda, acordou este martes a liberdade provisoria con medidas cautelares para o sétimo arrestado, que foi detido este luns.

Este home, tamén de 32 anos, queda investigado por un presunto delito de agresión/abuso sexual a menor de 16 anos.

Dos outros seis, catro xa ingresaron en prisión; un quedou en liberdade tras declarar ante a Garda Civil e un menor quedou baixo custodia da súa nai á espera de ser chamado a declarar pola Fiscalía.