Detido un novo sospeitoso da violación grupal a unha menor de 14 anos en Valencia
Publicado o 06/10/2020 21:25
Detido outro sospeitoso pola violación grupal dunha menor de 14 anos en Valencia.
Trátase dun home de 32 anos que participaría na violación, perpetrada nunha festa de aniversario en Ollería.
O pasado venres os axentes detiveron outros 6 homes supostamente implicados na agresión múltiple.
A operación continúa aberta e a Garda Civil segue buscando máis responsables da violación.