CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Detido un neno de 14 anos por matar dunha coitelada o seu irmán, de 19

Publicado o 05/02/2018 21:04
Un neno de 14 anos foi arrestado por matar, supostamente, dunha coitelada o seu irmán, de 19, durante unha discusión. Aconteceu na vivenda familiar, en Alacante. Unha veciña alertou a policia, que chegou a tempo de reter o menor mentres a nai de ambos intentaba, sen éxito, reanimar a vítima. O presunto agresor pasará a disposición da Fiscalía de Menores nas próximas horas. Polo momento descoñécense as causas da violenta discusión.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

05/02/2018